Cabeceira
  Congresos  
  CINDU 2009 Vídeos  
  CINDU 2011 Vídeos  
  CINDU 2013 Vídeos  
  CINDU 2015 Vídeos  
  CINDU 2017  
  Publicaciones  
II Congreso Internacional de Docencia Universitaria (II CIDU 2011)
  Retos e perspectivas da docencia na universidade
  Vigo 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2011  
 

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

 
 

O ensino nas universidades está inmerso nun proceso de cambio profundo con toma de decisións de gran transcendencia para o seu futuro. No marco do Espazo Europeo de Educación Superior estanse producindo importantes cambios, moitos deles asociados co desenvolvemento dos novos plans de estudos e os novos escenarios de acreditación da calidade da docencia. Hai novos retos, e faise necesario revisar as nosas perspectivas, no que é a calidade e mellora do ensino universitario.

É moi importante para a mellora da docencia difundir as experiencias innovadoras e/ou investigadoras realizadas polos profesores e profesoras. O intercambio de experiencias axuda a pensar sobre o camiño seguido, as dificultades e logros conseguidos, e a mellorar a práctica.

O congreso quere ser un punto de encontro para o intercambio de experiencias e de relación entre profesorado, e todas aquelas persoas interesadas na docencia universitaria.

 
Organiza